BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.

27.6.09

Gratuidade libros de texto

Nota enviada pola Consellería con data 26 de xuño

A Consellería de Educación informa aos centros educativos das novidades no
programa de libros de texto para o vindeiro curso escolar:


A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aportará 180 € por alumno de familias con rendas baixas grazas ao novo sistema de axudas á compra de libros en centros públicos e concertados, que vai sustituír progresivamente ao mecanismo de préstamo vixente. O novo programa dotará ás familias de bolsas que cubrirán a compra en función do
nivel da renda, asegurando axudas para as familias con menos recursos.
A bolsa cubrirá a totalidade do gasto en libros para familias con ingresos de ata 5.400 euros anuais por persoa no fogar –ou ata 6.000 €, se a familia é monoparental- cunha axuda máxima de 180 euros por cada neno. Para as familias con ingresos entre 5.400 e 9.000 euros por persoa no fogar –ou entre 6.000 e 9.000 € no caso das monoparentais-, a Consellería garante unha axuda aproximadamente da metade do custo.
Ademais, a bolsa será de ata 250 euros para o alumnado de Educación Especial, independentemente dos ingresos familiares.
A convocatoria de solicitudes de bolsas sairá publicada este verán e abrirá un prazo durante o mes de setembro para que as familias soliciten as axudas nos centros educativos. A Consellería implantará un sistema de tramitación que non supoña un traballo adicional para os centros, do que se informará en canto se ultimen os detalles.
Implantación progresiva
O sistema de axuda á compra de libros comezará nos dous próximos cursos para 1º, 2º 5º e 6º de Primaria e Educación Especial, que son os niveis nos que o calendario fixaba a reposición total. No curso 2011-12 sumaranse 1º e 3º da ESO, para pasar a cubrir todos os niveis a partir do curso 2012-13.
Polo tanto o programa actual de préstamo irá desaparecendo paulatinamente durante a implantación do novo sistema, polo que o vindeiro curso os alumnos de 3º e 4º de Primaria e os de Secundaria recibirán os lotes xa existentes nos centros no mes de setembro. Durante o mes de xullo sariá publicado no DOG a convocatoria de reposición para estes cursos nos que se mantén o préstamo o vindeiro curso, que será similar á de anos anteriores en canto a importes máximos.
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2009

O DIRECTOR XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS

José Manuel Pinal Rodríguez

10.6.09

Na biblioteca tamén contamos noutros idiomas

Por casualidade, na exposición de libros noutras linguas que fixemos no mes de abril, descubrimos que Gabriele entendía o italiano. Despois enterámonos que a súa nai, Katy, era dese país e pedímoslle que viñese un día a contarnos algo na súa lingua. Afortunadamente aceptou e embarcou na súa aventura a Mónica, a nai de Anxo.
Vaia sorpresa! A biblioteca estaba que non se cabía, había rapaces detrás dos andeis, no recuncho dos ordenadores...
Resultaron ser unhas contadoras estupendas, a biblioteca encheuse de nenos e nenas, dos xestos e das voces dei tre orsi, e das risas que debuxaron nas nosas bocas.

Ollade, ollade!!


9.6.09

Os contos de Laura e Rebeca


Laura e Rebeca fixeron a súa contada con gran éxito, tanto que tiveron que repetilo na clase de quinto para que os seus compañeiros e compañeiras puidesen velas. Na biblioteca tiveron unha gran asistencia de público, especialmente de primeiro, segundo e terceiro. PAra que poidades velas en plena actuación, tendes este vídeo que grabamos coa colaboración de Lorena. Noraboa, rapazas.

18.5.09

Día das Letras Galegas

O Ceip Reibón celebrou o pasado día 13 no Auditorio de Cangas o Día das Letras Galegas coa actuación do grupo Migallas, que representou a obra " ¿E se cantamos?".

Neste espectáculo interpretanse alguns temas do disco com son : "O rock da ducha", "O eucalipto e o carballo", "O rap da lingua", "Os xogos" e "Perico Pérez.

Todo o alumnado participou de maneira entusiasta e o momento culminante foi cando o grupo Migallas subiu a parte do profesorado ó escenario

26.4.09

Contos en inglés

O 23 de abril foi o día do libro e aínda que non tiñamos previsto celebrar ningunha actividade especial ese día porque levamos varias semanas con actividades, finalmente decidimos celebralo contando un conto en inglés (Para iso celebramos que ese día tamén morreu Shakespeare).
Cover Image
Escollemos un libro norteamericano que foi escrito hai máis de sesenta anos, GOOD NIGHT MOON.

A encargada de facer a lectura foi unha das profesoras de inglés, neste caso, Dori. Aquí tendes algunhas imaxes da contadora e do tradutor.
Xa estamos preparando máis sesións. Esperamos facer máis contadas en inglés en semanas vindeiras. Tamén invitamos á nai dun alumno de 1º para que nos conte algún en italiano.
Pero antes, teremos unha sesión don dúas nenas que nos van contar dous dos seus contos favoritos.